quinta-feira, junho 09, 2005

eleccións en gz

menuda profesora que até hoxe non foi capaz de inserir links na barra lateral... ;)

en fin, aquí volvo escribir unha cousiña, para acompañar os vosos traballos

gustaríame que fixésedes algún comentario nos vosos blogs


hoxe un amigo pasoume este enderezo:

Fragagá

hai aínda algunhas cousas que paga a pena ver sobre o tema:

Eleccións en Galicia

imaxino que todas coñecedes o especial sobre as eleccións 2005 de Vieiros, centralidade para o plebiscito galego, que se fía informativamente tamén na Voz de Galicia, na Cadena Ser ou mesmo na particular visión do sempre particular -permitídeme a redundancia- El Correo Gallego, que chega a mostras de xornalismo realmente delirantes.

mais ao fío da precampaña e da campaña electoral foron aparecendo varias páxinas e blogs sobre as eleccións, tecendo un novo pano de reflexión sobre o asunto.

encontramos páxinas persoais, de corte máis oficial, baixo responsabilidade pública de figuras ligadas ou interesadas no proceso eleitoral como a de Manuel Baltar, Carme Adán

mais abondan sobre todo webs ou blogs dedicados ao seguemento das eleccións

páxinas como Galicia Confidencial, Galicia decide son algunhas mostras de sites dedicados ao tema,

hai algúns tan incribles como a xa coñecida a regueifa, paga a pena vela xa só polo cursor, Galego de seu, o particular e hai tempo non actualizado

pesos a catro pesetas, vendo voto barato

Anecdotas - Elecciones Galicia 2005

a significativamente chamada Polo cambio en Galicia
a reflexiva Oito menos vinte

ou Erasmo.

e acabamos destacando a iniciativa de elecciones gallegas, unha plataforma de blogs sobre as eleccións entre os que se contan algúns da lista que vos seleccionei, e onde poderedes encontrar moitos outros.