quarta-feira, março 30, 2005

enderezos blogos

despois de comprobar que novamente o sistema do meu computador non pode pasarlle os enderezos ao voso, quería irvos deixando aquí algúns enderezos útiles para que vaiades entrando e lendo.
Así, un dos http://www.blogger.com/img/gl.link.gifpontos de inicio debería ser, na miña opinión, unha visita por blogaliza, plataforma que un dos propios blogueiros fai, recollendo o que se anda a facer pola blogosfera galega.

Tamén poderiades consultar
weblog em portugal,
blogo, logo existo,
blogo!.org,ou
blogos em .pt,
coa mesma finalidade, mais en territorio luso.

No territorio español, hai tamén moitas cousas feitas, pero entre todas destácanse os traballos do profesor Orihuela, sempre atento e reflexivo sobre este asunto.

A partir de aí tedes xa unha fonte de información extensa -tal vez inacabábel?- sobre moitas das cousas que acontecen na rede.

Polo demais, non deixedes de visitar as páxinas dos blogueiros galegos que aínda imos comentar. Hoxe podedes comezar por un dos que marcou -e marca- tendencia na blogosfera galega, o de TodoNada; outro dos que máis seguemento ten, As túas balas, ou aínda outro máis recente pero de interese -víd. un dos meus post anteriores neste mesmo blogo-, porque reflexiona sobre o sistema literario galego (e de feito xa alí poderedes ver algunhas das polémicas xurdidas arredor da literatura galega), que leva adiante Jaureguízar. Trátase de Facendo Amigos


Por agora máis nada, pero seguirei a colgarvos enderezos. Quero comentarios e suxerencias, opinións e críticas... Poñédevos xa, que nos pilla o día! ;)

proba coas miñas alumnas

Post creado para que vexan as rapazas