domingo, abril 10, 2005

da lusobloguia

como é doado de imaxinar, o mundo galego remultiplícase en número se marchamos para o mundo portugués... nada que facer, só aceptar a imposibilidade de infinito -a non ser a chegada de mnemonic ou a monstruosidade de funes- e continuar a deseñar mapas, cartas de navegación que nos axuden a (nos) encontrar

procurade
e contade

por enquanto, ficam cá alguns endereços interessantes sobre a blogosgera portuguesa, mas não esqueçam consultar os metablogos referenciados anteriormente

podedes consultar este glossário de blogos, nun site dedicado xustamente a este fenómeno en portugal, mentada xa nun post anterior

primeira viagem
renas e veados, un dos máis coñecidos entre/na a blogosfera galega e cun deseño particular, que leva sempre à vida do territorio luso

de perspectivas claramente homosexuais e á volta das reflexións que as mudanzas sociais están a producirhttp://www.blogger.com/img/gl.link.gif, temos o interesante blogo de miguel vale de almeida, chamado os tempos que correm

sobre portugal non perdades a visión crítica de antónio balbino caldeira, Do Portugal Profundo, cunha enorme cantidade de links a diferentes blogos
viagens em terra alheia

ou estoutra de ser português (ter que)

polo deseño non deberiades deixar de visitar a curiosa transpórtis virtual di Kauberdi pa Aulil, con referencias e base en Cabo Verde

tampouco deberiades deixar de visitar este blogo con interese máis literario, palavras que se perdem, con recurso á imaxe e á palabra para dar lugar, sen dúbidas, a unha nova forma de expresión, de transmisión ficcional(?)

sobre música electrónica -e non só-, e cun deseño que tende tamén para o cool, está o blogo intervenções sonoras

a medio camiño entre a docencia e o interese temático, aparece indústrias culturais, páxina onde por certo se recomenda como "blogo de culto" unha especie de fotoblogo interesantísimo: janela indiscreta
tamén é de interese a páxina jornalismo digital
ou contrafactos & argumentos

ou aínda, nunha liña moi diferente, mais con características semellantes, existía o blogo titulado Portugal e Espanha, con reflexións e documentos sobre as relacións destes dous estados

ponto media é a weblog de antónio granado, un dos autores do libro weblogs que tedes referenciado na bibliografía do curso

experiencias sobre weblogs aparecen en encontro de weblogs, blogo en que se publicaran os textos e as discusións do primeiro encontro de weblogs que se fixo en portugal

é curiosa tamén a páxina quarto árbitro en que, como se pode adiviñar polo nome, o autor escribe unica e exclusivamente sobre fútbol, "sem se importar" da nacionalidade, aínda que, iso si, con especial atención para xogadores portus

4 Comments:

At 1:06 da manhã, Blogger Paralaxe said...

Olá !

Sobre a blogosfera em português (quer dizer, blogs escritos em Português) tomem nota que o Directório Paralaxe ( http://directorio.grupo-paralaxe.net ) já tem listados +10.200 blogs; é de notar que este Directório está em processo de inclusão dos blogs escritos em "galego", porque se considera que o "galego" não é mais do que uma variante do português, tal como acontece com o "brasileiro".
Este Directório faz parte de um projecto mais vasto chamado Grupo Paralaxe ( http://www.grupo-paralaxe.net ), onde se apresentam temas sobre Solidariedade, Língua Portuguesa e Universo Lusófono.
- - - - -
Um abraxe do Paralaxe

 
At 11:31 da manhã, Anonymous Anónimo said...

I have been looking for sites like this for a long time. Thank you! Crash drive hard recovery Brother mfc 210c ink cartridge Software drive recovery Cadillac garantia License plate frames native american Serial number for active undelete Missouri cadillac dealer

 
At 4:44 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Very nice site! » »

 
At 3:26 da manhã, Anonymous Anónimo said...

Very cool design! Useful information. Go on! Nancy ho hardcore Buy ionamin ionamin casino 15 online purchase ultram

 

Publicar um comentário

<< Home