sexta-feira, abril 08, 2005

reflexións e novos datos

miñas queridas: aínda que non estades a entrar moito por aquí, insisto na necesidade de que continuedes de maneira regular isto.
non ha de resultar doado, mais é necesario

doulle voltas á cuestión da recepción, en como mudou -de idea e de feito- este blogo a partir do momento en que sei para quen e para que escribo. os camiños acláranse e moitas das portas fican pasadas.

hoxe quería contarvos que Todo Nada mudou de enderezo, -confeso que hai un tempo que non lle botaba un ollo de maneira calma-, deixando o anterior -o link que tedes no post de onte- como Todo Nada 1.0

precisamente hoxe, Todo Nada fala do primeiro radio blog galego, páxina curiosa que deberiades visitar, como a outra.

para alén diso, quería tamén mandarvos para o blog de maría de mallou, chamado casatlantica,
ou aínda o de catu?,
ou as crónicas prusianas, mundo galego vivido no estranxeiro,
ou aínda a preciosidade de orballo

aínda quero comentarios, e opinións, e ideas... :)

3 Comments:

At 10:01 da tarde, Blogger ami said...

Tes moita razón ao cualificar de preciosidade orballo,pois foi o que máis me gustou, ao mellor porque se achega á miña idea da poesía na rede.

 
At 12:23 da manhã, Anonymous Anónimo said...

This is very interesting site... » » »

 
At 7:12 da tarde, Blogger شركة دجلة بالمز said...

مول العاصمة الادارية الجديدة
أزادير
كمبوند چنوب العاصمة الادارية

 

Publicar um comentário

<< Home