sábado, abril 09, 2005

de imaxes

como falabamos nas aulas, tamén están a aparecer toda unha serie de blogos que inciden en partes distintas da cultura galega, reconfigurándoa nalgunha medida.

en xeral, xa todas coñeciades a xente de aduaneiros sem fronteiras, pero lembrade tamén visitar as páxinas de
va-ca
os traballos de zé ogrobe en Peace The F*ck Out
o site de rei zentolo
o da Frente Retranqueira Anti-Colonial (FREAC)
o da Conspiradora Anti-Colonial Armada (CA-CA)
ou, noutra liña diferente, a de ranciadas

ou mesmo outras como
fragasaurio, moi recente, que semella un blogo escrito por fraga e, obviamente, trata asuntos de política galega de maneira curiosa e chea de retranca
a medio camiño entre todas estas, poderiamos situar contra discurso,
autoclismo total, con reflexións interesantes e críticas

fotonovas, blogo que xoaquín rosales, de vilagarcía -notade que esta diferente finalidade favorece a explicitación do nome do autor- dedica a novas sobre fotografía en galiza
lucensismo e outros males, blogo que un tal o'xirarei de contido nacionalista polo que se observaría coa imaxe que elixe no perfil,
neolinux, páxina en galego escrita con interese claro pola informática, -reparade na utilización do nome composto por neo e linux-
o caderno da ciberlingua, blogo que vos pode dar -como ensinantes que xa sodes-, pistas e materiais, para alén de modelos...

ou aínda, sen ser blogo, a páxina da bítacora escarlata, das redes escarlata



no terreo da docencia:
FQ en Ribadeo
ou
aula galicia, que é, como se ve na entradiña de presentación, "un blog de apuntes para traballar na aula de Historia e Xeografía de Galicia, materia de 2º curso de Bachalerato. Este blog forma parte dos materiais de aula creados para os alumnas e alumnos desta materia a partir do Libro de texto recomendado Villares.R. Historia de Galicia, ed. Galaxia.Vigo 2004", mostra das posibilidades e recursos técnicos en aulas que non teñen que versar sobre NTIC necesariamente

espero aínda as vosas visitas...