terça-feira, abril 19, 2005

imos completando...

a listaxe de blogos deste curso...

ademais dos que xa foran comentados
té vermello

mirabilia81

picar@s, e

brétemas

dámoslle a benvida -aínda que tardía, e pido desculpas pola miña demora- a

pingueiras e a

poexo

domingo, abril 10, 2005

blogos sinalados

podedes comezar por un blogo sobre a historia e cunha guía de blogos blockstar,

ou podedes visitar algúns dos blogos premiados nos bob's, como

狗日报,18,18摸,十八摸,blog,博客,狗,犬,宠物,dog,pet,18mo,猛小蛇

el hombre que comía diccionarios, interesante pola súa disposición e premiado ao mellor tema

lamalarosa premiado ao mellor deseño, e realmente con razón...

domino, premiado á mellor innovación, do que se di na páxina:
En este blog se juega domino digital con imágenes de CD´s o coberturas de discos. Quien crea tener una oferta indicada para el weblog simplemente tiene que introducirla con lo que se incrementa automáticamente la oferta del weblog. Este weblog grupal que fue desarrollado en base a un programa sencillo de Antville, es el resultado de grandes ganas de experimentar.
Poco se puede hacer mal, puesto que los creadores de este blog toman las cosas muy a la ligera. En el blog se indica que “las reglas aún no están definidas”. Por lo visto el concepto general es mucho más importante que los detalles. Esto impulsa a muchos usuarios a revisar sus colecciones de discos, digitalizar las coberturas e ingresarlas ahí en donde les gusta más. El weblog “Domino” es una idea original que ha entusiasmado al jurado de The Bobs: “La nueva tecnología como el Internet descubre usos completamente distintos a los originalmente planeados. Se convierte repentinamente en plataforma para hacer que la comunidad de los weblogs se una a jugar”.


nestes premios aparece tamén na categoría de mellor blogo xornalístico portugués ponto media, o blogo de antónio granados do que falei no post anterior
,
como mellor blogo xornalístico inglés está lessig blog
e como blogo xornalístico español periodistas 21

blogos recomendados en diferentes páxinas como
gizmodo
gawker
wonkette

ou aínda páxinas diferentes como
jesus of the week

fleshbot

da lusobloguia

como é doado de imaxinar, o mundo galego remultiplícase en número se marchamos para o mundo portugués... nada que facer, só aceptar a imposibilidade de infinito -a non ser a chegada de mnemonic ou a monstruosidade de funes- e continuar a deseñar mapas, cartas de navegación que nos axuden a (nos) encontrar

procurade
e contade

por enquanto, ficam cá alguns endereços interessantes sobre a blogosgera portuguesa, mas não esqueçam consultar os metablogos referenciados anteriormente

podedes consultar este glossário de blogos, nun site dedicado xustamente a este fenómeno en portugal, mentada xa nun post anterior

primeira viagem
renas e veados, un dos máis coñecidos entre/na a blogosfera galega e cun deseño particular, que leva sempre à vida do territorio luso

de perspectivas claramente homosexuais e á volta das reflexións que as mudanzas sociais están a producirhttp://www.blogger.com/img/gl.link.gif, temos o interesante blogo de miguel vale de almeida, chamado os tempos que correm

sobre portugal non perdades a visión crítica de antónio balbino caldeira, Do Portugal Profundo, cunha enorme cantidade de links a diferentes blogos
viagens em terra alheia

ou estoutra de ser português (ter que)

polo deseño non deberiades deixar de visitar a curiosa transpórtis virtual di Kauberdi pa Aulil, con referencias e base en Cabo Verde

tampouco deberiades deixar de visitar este blogo con interese máis literario, palavras que se perdem, con recurso á imaxe e á palabra para dar lugar, sen dúbidas, a unha nova forma de expresión, de transmisión ficcional(?)

sobre música electrónica -e non só-, e cun deseño que tende tamén para o cool, está o blogo intervenções sonoras

a medio camiño entre a docencia e o interese temático, aparece indústrias culturais, páxina onde por certo se recomenda como "blogo de culto" unha especie de fotoblogo interesantísimo: janela indiscreta
tamén é de interese a páxina jornalismo digital
ou contrafactos & argumentos

ou aínda, nunha liña moi diferente, mais con características semellantes, existía o blogo titulado Portugal e Espanha, con reflexións e documentos sobre as relacións destes dous estados

ponto media é a weblog de antónio granado, un dos autores do libro weblogs que tedes referenciado na bibliografía do curso

experiencias sobre weblogs aparecen en encontro de weblogs, blogo en que se publicaran os textos e as discusións do primeiro encontro de weblogs que se fixo en portugal

é curiosa tamén a páxina quarto árbitro en que, como se pode adiviñar polo nome, o autor escribe unica e exclusivamente sobre fútbol, "sem se importar" da nacionalidade, aínda que, iso si, con especial atención para xogadores portus

sábado, abril 09, 2005

de imaxes

como falabamos nas aulas, tamén están a aparecer toda unha serie de blogos que inciden en partes distintas da cultura galega, reconfigurándoa nalgunha medida.

en xeral, xa todas coñeciades a xente de aduaneiros sem fronteiras, pero lembrade tamén visitar as páxinas de
va-ca
os traballos de zé ogrobe en Peace The F*ck Out
o site de rei zentolo
o da Frente Retranqueira Anti-Colonial (FREAC)
o da Conspiradora Anti-Colonial Armada (CA-CA)
ou, noutra liña diferente, a de ranciadas

ou mesmo outras como
fragasaurio, moi recente, que semella un blogo escrito por fraga e, obviamente, trata asuntos de política galega de maneira curiosa e chea de retranca
a medio camiño entre todas estas, poderiamos situar contra discurso,
autoclismo total, con reflexións interesantes e críticas

fotonovas, blogo que xoaquín rosales, de vilagarcía -notade que esta diferente finalidade favorece a explicitación do nome do autor- dedica a novas sobre fotografía en galiza
lucensismo e outros males, blogo que un tal o'xirarei de contido nacionalista polo que se observaría coa imaxe que elixe no perfil,
neolinux, páxina en galego escrita con interese claro pola informática, -reparade na utilización do nome composto por neo e linux-
o caderno da ciberlingua, blogo que vos pode dar -como ensinantes que xa sodes-, pistas e materiais, para alén de modelos...

ou aínda, sen ser blogo, a páxina da bítacora escarlata, das redes escarlata



no terreo da docencia:
FQ en Ribadeo
ou
aula galicia, que é, como se ve na entradiña de presentación, "un blog de apuntes para traballar na aula de Historia e Xeografía de Galicia, materia de 2º curso de Bachalerato. Este blog forma parte dos materiais de aula creados para os alumnas e alumnos desta materia a partir do Libro de texto recomendado Villares.R. Historia de Galicia, ed. Galaxia.Vigo 2004", mostra das posibilidades e recursos técnicos en aulas que non teñen que versar sobre NTIC necesariamente

espero aínda as vosas visitas...

sexta-feira, abril 08, 2005

por certo

estes son os únicos enderezos dos vosos blogos que teño, pero cando menos que valia de plataforma de difusión

té vermello
mirabilia81
picar@s, e
brétemas

lembrade que quería que vos comentasedes os blogos e que fixesedes cousas, por favor

reflexións e novos datos

miñas queridas: aínda que non estades a entrar moito por aquí, insisto na necesidade de que continuedes de maneira regular isto.
non ha de resultar doado, mais é necesario

doulle voltas á cuestión da recepción, en como mudou -de idea e de feito- este blogo a partir do momento en que sei para quen e para que escribo. os camiños acláranse e moitas das portas fican pasadas.

hoxe quería contarvos que Todo Nada mudou de enderezo, -confeso que hai un tempo que non lle botaba un ollo de maneira calma-, deixando o anterior -o link que tedes no post de onte- como Todo Nada 1.0

precisamente hoxe, Todo Nada fala do primeiro radio blog galego, páxina curiosa que deberiades visitar, como a outra.

para alén diso, quería tamén mandarvos para o blog de maría de mallou, chamado casatlantica,
ou aínda o de catu?,
ou as crónicas prusianas, mundo galego vivido no estranxeiro,
ou aínda a preciosidade de orballo

aínda quero comentarios, e opinións, e ideas... :)