facendo amigos
este ano foi un verdadeiro descobremento jaureguízar... convidado a cáceres para falar de literatura galega do punto de vista dun escritor premiado -e tamén de ser autor dun dos poucos e-books que até ao momento apareceron no sistema, A Familia Feliz-, deixou pousadas por alí algunhas reflexións interesantes. e agora cóntame cesare que ten un blog, onde poderedes encontrar inúmeras opinións, críticas e sobraltos do panorama literario galego.
non é que adore como escribe. pero gústame o ruído
4 Comments:
os premios non fan ao escritor, e no caso de Jaujau aínda lle queda moito para poder ser un escritor, e en moitos aspectos, persoa.
vaia, non esperaba un encontro tan rápido deste experimento por parte doutros blogueiros...
con efeito, os premios non fan o escritor mais, na miña opinión, si a reflexión... e niso, confeso, interésame e até concordo, con jaureguizar e a súa corrosión no sistema, da que por veces andamos moi faltos.
e ademais, que gostemos ou non dun escritor non deixa de ter máis valor ca iso, o gosto
en calquera caso, grazas pola visita :)
A sorprendente visita prodúcese pola ligazón que vostede lle deu. Polo menos a de Facendo Amigos.
A do Alberte Momán non sie como puido chegar ata aí. En fin... de todo hai na viña do señor.
ai Cesare, que despistado me anda!
Enviar um comentário
<< Home