sábado, janeiro 22, 2005

en redadas

con frecuencia entendo que hai unha serie de avances que resolven moitos dos problemas do meu traballo, como lle ocorre a moitos dos alumnos, mesmo algúns dos que xa tiven nalgunha materia en meses que lembro con verdadeiras cores metálicas, máxicas :)

quer co gúguel portugal, ben co sapo portugués, as referencias tornan a preparación das aulas moito máis cómoda e eficiente.

resulta, de feito, moito menos complicado encontrar información sobre moi diversos temas, aínda cando non paso alí as miñas noites marítimas con aqueles ceos angulares, perdidas nas caídas aparecidas ao océano.

vivo tamén imaxes que non toco, e historias de persoas que acaban con conceptos antigos, como aquela presenza,
mesmo cando se pechan algunhas portas às visións do mundo, cando todas as xanelas que me quedan ao xardín baixo a pálida lúa veñen nunha plataforma cincenta de só 12,
sen moitas posibilidades de saída, de materia

gustaríame que, cando o voso caderno saia do meu, nesta altura, fagades unha reflexión sobre a lingua literaria
posibilidades
procuras

eu deixo aquí as miñas primeiras impresións


sexta-feira, janeiro 14, 2005

do blogmillo (1)

ademais de jaureguízar, tamén estivo por aquí cesare, posibelmente unha das persoas que máis ten reflexionado sobre blogues e o mundo do blogmillo.
deixa algunhas ideas por aquí penduradas sobre as que cómpre continuar a pensar
1.- o blogmillo como sistema, e de aí, a inclusión nel tamén de vendell, plenamente inserido no tapiz malia a lingua; ou de catu? (asegurar) afastada no espazo, e que xusto nestes días deixa unha preciosa reflexión que vos citarei nada máis saber se é bem comportado citar outros sen consentimento.
en calquera caso, mudam-se os tempos, mudam-se as correntes, que case diría o grande luís, e quizais sexa hora de comezar a repensar algunhas desas ideas graníticas que pairan sobre a literatura galega.
2.- o sistema ten algunha das mellores mostras literarias do país. cesare fala con admiración de todo nada, páxina que tamén por aquí se visita con frecuencia e que deixa algunhas das máis sorprendentes e conseguidas páxinas de reflexións, ideas, historias e nadas do blogmillo.

engado para a reflexión: o sistema xa non é só literario, o galego descubre unha nova plataforma de fácil edición e con el, ponse no camiño?


terça-feira, janeiro 11, 2005

no limbo

non sei se é por causa de blogger ou porque non sei traballar ou configurar ben este blog, mais hoxe non conseguín que subise ningún dos meus post
a ver se mañá se arranxou este limbo en que ficaron.

en fin, como vedes continúo a experimentar con esta linguaxe que se me antolla cada vez máis enganchante

p.s. este post foi posteriormente mudado, para arranxar a sintaxe e contar que aínda non descubrín os seres que "embrullan" estes comentarios
seguiremos buscando

facendo amigos

este ano foi un verdadeiro descobremento jaureguízar... convidado a cáceres para falar de literatura galega do punto de vista dun escritor premiado -e tamén de ser autor dun dos poucos e-books que até ao momento apareceron no sistema, A Familia Feliz-, deixou pousadas por alí algunhas reflexións interesantes. e agora cóntame cesare que ten un blog, onde poderedes encontrar inúmeras opinións, críticas e sobraltos do panorama literario galego.
non é que adore como escribe. pero gústame o ruído

segunda-feira, janeiro 10, 2005

problemas

que curioso! coma sempre bilgueits molesta todo o que pode. chego hoxe à facultade, e encóntrome co vello pc renqueante do gabinete e a súa imposibilidade de ler o que escribo no mac... X%!grr*%&*!! para os monopolios!

cesare aconséllame que utilice haloscan, que permitiría asimesmo que posteen tamén aqueles que non teñen conta. irei experimentando e contareivos resultados. espero que todo chegue con ben :)

radio

aquí acabo a proba do primeiro dia
cunha das reflexións que trataremos no curso: a rede na perspectiva didáctica

obviamente hai moito que tratar sobre o asunto e introducirnos polo terreo da didáctica sería extenso de máis para as miñas posibilidades

mais nesta primeira achega que quero que fagamos xuntos, as utilidades e perspectivas didácticas da rede son fundamentais, até porque quero que ondas en eco sexa unha investigación didáctica
unha conquista máis nos nosos mapas

así que vos conto:
estou a preparar agora unha pequena charla sobre as posibilidades didácticas do material radiofónico e da radio en xeral nas aulas de portugués como lingua estranxeira

procuro nestes días, ao mesmo tempo que vos escribo, links e informacións sobre a rádio e descubro que moitas destas informacións aparecen en blogues temáticos -moitos de orixe brasileira, asunto que tamén comentaremos-
deixo aquí o primeiro, dedicado exclusivamente à historia da radio portuguesa
história da rádio
-procurar a maneira de linkealo-
maneira que dous días despois xa encontrei... polos consellos de cesare, a quen de novo "remercío"

domingo, janeiro 09, 2005

a importancia da rede

a verdade é que escribo isto consciente da miña falta de leituras que, nestes próximos dous meses e medio antes de chegar a vós, espero comezar a subsanar.

mais como indica luis, un meu amigo que sabe moito, pero moito, da rede, isto pode -e de feito xa o está comezando a ser- un 'making off',
parte do traballo que eu, antes de volo pedir a vós, xa levarei feito

exploración da linguaxe, xa non só 'in praesentia', das aulas; descobremento de niveis de comunicación que xa agora utilizamos

primeiro dia

comezo hoxe, un curso novo, unha historia nova que acabará convosco, cando vós o leades. isto é para vós, aínda que non nos coñecemos, aínda que non nos coñezamos

para min é a primeira vez :)

bos días